QDQ.com


A versión on-line de QDQ La guía útil dispón dunha base de datos de máis de 2 millóns de empresas, comercios e profesionais de toda España.
Desenvolvida con tecnoloxía propia, QDQ.com permite acceder rápida e comodamente á información grazas ao seu potente buscador de campo único que, ademais, permite realizar as buscas en inglés, francés, portugués, castelán, catalán, galego, éuscaro e valenciano.
A sinxeleza de manexo, a velocidade na obtención de resultados e o seu alto grao de pertinencia, así como os contidos e servizos de grande utilidade e valor engadido que ofrece, converteron QDQ.com na guía máis local de Internet.

Os servizos máis destacados de QDQ.com son:

• Os seus xa coñecidos Rueiros fotográficos,, así como o último dos servizos incorporado a QDQ.com, , Barcelona 3D e Madrid 3D, que se poden consultar nos sete idiomas e permiten sobrevoar esas cidades nunha recreación virtual de gran realismo e beleza. Ademais, e grazas ao servizo Foto da rúa, pódese visualizar a fotografía da vía seleccionada e das fachadas de ambos os laterais, camiñar por elas ou xirar 180 graos, e mesmo cambiar de rúa garantindo non perder ningún detalle do enderezo seleccionado.

• As buscas de comercios, empresas e profesionais por proximidade - nunha área de 500 m, 1,5 m, 3 ou 6 km– a un enderezo determinado en todo o territorio nacional, para obter a información máis local ao poder filtrar os resultados pola actividade desexada.

• A posibilidade de consultar o estado do Tráfico en España, grazas á información da DXT, así como ver o tráfico urbano de Valencia, Barcelona e Las Palmas de Gran Canaria, a través de webcams dos seus concellos.

• A información meteorolóxica nas cidades españolas, facilitada polo Instituto Nacional de Meteoroloxía.

Chamar gratis. utilizando o sistema de VoIP, o usuario introduce o seu número de teléfono e en 1, 3 ou 5 minutos (segundo a súa elección) recibe unha chamada que o pon en contacto co anunciante, sen custo ningún para ambos.

• Innovadores formatos publicitarios como InfoPlus, que lles posibilita aos anunciantes o acceso ou ampliación da súa presenza en Internet coa creación dunha web informativa sobre o seu negocio, e Vídeo, que permite mostrar un negocio ou empresa de forma visual xuntando as imaxes da reportaxe fotográfica do negocio, os produtos e servizos que ofrece co son dunha locución.